domingo, 5 de junio de 2011

O caso Casón

Bueno nesta entrada vou a explicar o problema que supuxo o embarrancamento do buque CASÓN na costa da morte. Como xa se ve no vídeo este embarrancamento provocou unha histeria colectiva por culpa dun bidóns que se creían que eran tóxicos. (e recomendable ver o vídeo da entrada anterior para saber todo o proceso).

Cando os bidóns chegaron a planta de ALCOA (aínda en propiedad dos estado español) o director fábrica negouse a que entraran dentro do complexo industrial pero finalmente entraron. De seguido os sindicatos negáronse a traballar na fábrica mentres os bidóns seguiran ahi polo que a fábrica tivo que pechar temporalmente dado que os altos cargos da empresa non daban aguantado o sistema de producción (lóxicamente).
A fábrica estivo pechada 6 meses e os 14 membros do comité foron despedidos e o resto dos traballadores foron "regulados". Estes traballadores regulados volverían a ocupar os seus postos de traballo.


Durante os 6 meses nos que a fábrica estivo pechada a dirección de empresa aproveitou para cambiar partes do sistema de producción que daban demasiados erros, ademais o precio do aluminio no mercado de Londres (o que se encarga de rixir o precio dos metales) aumentou un 50% acabando coa crise que había dentro do sector alumineiro polos baixos precios.

Con estas afirmacios e ca información do vídeo podo propoñervos varias preguntas como ¿o peche da fábrica foi unha excusa para subsanar os grandes problemas que tiña unha instalación millonaria?¿foi tamén unha estratexia de mercado para mellorar a cotización do aluminio??




ESPERO OS VOSOS COMENTARIOS


Kevin Prieto

No hay comentarios:

Publicar un comentario