lunes, 16 de mayo de 2011

O proceso de compra venta

Ola de novo!

Nesta entrada vou intentar de explicar as experiencias vividas polas persoas que venderon fincas ó estado para a instalación do complexo industrial.

Para poder facer esta entrada mantiven varias entrevistas con persoas que se viron afectadas neste proceso de venta ou con familiares directos de ditas persoas.

A partir das diferentes entrevistas puiden observar como houbo un gran cambio entre as primeiras ventas e a últimas e vou intentar explicar como foi o proceso (condicións de venta, beneficios, acordos, etc).

O proceso de compra por parte do estado comezou nas leiras onde hoxe en día se situa a meirando parte co complexo industrial. A persoa á que entrevistei  contoume a súa experiencia: el foi un dos primeiros en vender a súa leira, vendeuna por 1.000.000 das antigas pesetas "daquela 1.000.000 de pesetas era como ter 100 millós hoxendia"dixo textualmente, pero "o nivel de vida na zoa empezou a subir e o final os cartos acabáronse rápido".


Outra das persoas ás que entrevistei foi ó meu propio avó. Seu pai (xa falecido) vendeu un terreo ("cativo de todo") pero foi un dos últimos en vender e consigueu unha importante cantidade de cartos (non recordaba canto). Unha cousa que me chamou moito a atención foi que me contou que con eses cartos seu pai comprouse unha casa en San Cibrao (a 5 km de Lago) porque "tiña medo de morrer envenenado pola fábrica, pero tamén houbo moita mais xente que se foi".

A última persoa á que entrevistei foi por recomendación do meu propio avó. Esta persoa foi unha das últimas  que vendeu (vendeu terreos para facer a presa de lodos rojos) e a súa venta foi a que mais me chamou a atención. Vendeu os terreos por diñeiro (obviamente) pero puxo a condición de que os seus fillos íban ter preferencia para entrar a traballar na fábrica ("traballan dous deles o outro estudiou"). Pregunteille se tivera un asesor que lle aconsexara para a venda (e para poñer a condición) e dixome que o seu cuñado traballaba nunha xestoría e foi el quen lle negociou a venda.


En conxunto puiden comprender como foi todo o preoso de venda. A medida de que o proceso de venta avanzou as condicións melloraron substancialmente pero o descoñecemento da sociedade provocou que moitas das propiedades se malvenderan.


Deixo o tema aberto para que quen queira expoña as suas opinións sobre o tema.


Un saúdo!!



Por certo a partir da seguinte entrada comezarei a explicar o proceso evolutivo da fábrica centrándome nos momentos problemáticos do complexo. Recomendo ver o video da segunda entrada deste blog e documentarse sobre o caso do buque CASÓN!!

3 comentarios:

  1. Aquí vos deixo o enlace para poder ver o vídeo sobre o Cason.


    http://www.crtvg.es/reproductor/inicio.asp?canal=tele&hora=05/04/2011 23:20:15&fecha=26/05/2009&arquivo=1&programa=A+CAIXA+NEGRA&id_programa=639&corte=&mp4=0&medio=

    botádelle unha ollada, é moi interesante.

    ResponderEliminar
  2. Pregúntome si o feito de que a xente vendese os terreos foi de súpeto, ou houbo xente que se negou e logo vendeu por presión. Tamén me pregunto si nestes pobos houbo revoltas medioambientais en protesta ca instalación desta empresa, así como as represialias que puido tomar o goberno da época. Un saúdo!

    ResponderEliminar
  3. haber houbo xente que se pechou no concello nun movemento que se coñeceu como "marcha verde"(pero este movemento careceu de importancia ata que se viron os planes do estado para instalar unha planta nuclear). Haber habería xente que se negara a vender pero como o comprador era o estado e a situación e de venta "obrigada" como ocorre hoxe en día cando fan unha autovía por dicir un exemplo

    ResponderEliminar