martes, 29 de mayo de 2012

A Mariña Lucense: complementariedade ou competencia?

A  costa da área funcional da Mariña Lucense podemos dicir que é unha cidade lineal onde existe unha xerarquía nos seus núcleos de poboación, que estaría encabezada polos municipios de Viveiro e Ribadeo ó ser os mais poboados. A pesar de esta xerarquía podemos ver como os distintos núcleos complementanse os uns ós outros. Esto pódese deber á localización dos dous principais núcleos da Mariña; tanto Viveiro coma Ribadeo emplázanse na periferia da Mariña polo que a súa situación xeográfica é un handicap para a obtención de servizos, sobretodo os servizos que aglutinan a un maior número de habitantes coma pode ser un Hospital, que no caso da Mariña se sitúa en Burela (que é o municipio máis céntrico).

Contrariamente no interior da Mariña Lucense vemos como os distintos núcleos compiten entre eles chegando incluso a duplicar servizos que son totalmente innecesarios pola escaso número de habitantes.
Actualmente a Mariña está nunha situación na que se pode converter nunha das comarcas mais importantes de Galicia, esto débese, sobretodo á construcción da autovía do Cantábrico e a Via de Alta Capacidade (entre Barreiros e o porto exterior de Ferrol) que van supoñer á vertebración da Mariña tanto no eixo da costa coma no eixo Ribadeo- Mondoñedo, o cal beneficiará a chegada de empresas á comarca.