miércoles, 8 de junio de 2011

O PROCESO DE COMPRA POR PARTE DO ESTADO.

A planta de alumina- aluminio pertenceu ata o ano 1998 a empresa estatal INESPAL, que foi a que contrueu a fábrica, pero o estado, inmerso nun proceso de privatización (Telefonica, Iberia, etc.), decidiu privatizar tamén o grupo alumineiro.
Os dous maiores fabricantes de aluminio do mundo, ALCOA (americana) e  ALCAN (canadiense), foron as que mais interese mostraron para comprar o grupo INESPAL. Finalmente no 1998 (primeira lexislatura do PP)a venta confírmase a compañía americana ALCOA, a cal tivo algúns problemas para poder "sortear" a forte ley antytrust americana (mesma ley pola que ALCOA  e ALCAN deixaron de ser un único grupo que controlaba toda a producción mundial de aluminio electrolítico).


Coa chegada dos americanos na factoría mudaron moitas cousas: mellores medidas de seguridade, mellor productividade.....pero non todo foi bon dado que se decidiu conxelar a antigüedade a cambio de primar a produxctividade (os traballadores novos salen perdendo e os mais antigos gañan menos cartos dos que gañarían), reducción de plantilla, etc
Según unha serie de entrevistas a maioría da xente que aínda traballa alí e que viveu o cambio din que non hay color en canto o trato recibido polos dirixente americanos e os españois (claramente favorables ós americanos)


Alcoa dende o mar.

Para finalizar esta entrada deixo uns links onde poderedes saber mais sobre este tema.

http://www.elpais.com/articulo/economia/ESPANA/SOCIEDAD_ESTATAL_DE_PARTICIPACIONES_INDUSTRIALES_/SEPI/ALCOA/INESPAL_/HASTA_6-2-1998/SEPI/ingresa/19000/millones/netos/venta/Inespal/elpepieco/19980207elpepieco_4/Tes

http://www.cotizalia.com/en-exclusiva/afronta-agujero-menos-millones-privatizada-inespal-20100201.html

http://www.elmundo.es/nuevaeconomia/99/NE011/NE011-08a.html
Ánodo de carbon.
A fábrica de noite (lamento a mala calidade da foto)



Un saúdo!!!


domingo, 5 de junio de 2011

O caso Casón

Bueno nesta entrada vou a explicar o problema que supuxo o embarrancamento do buque CASÓN na costa da morte. Como xa se ve no vídeo este embarrancamento provocou unha histeria colectiva por culpa dun bidóns que se creían que eran tóxicos. (e recomendable ver o vídeo da entrada anterior para saber todo o proceso).

Cando os bidóns chegaron a planta de ALCOA (aínda en propiedad dos estado español) o director fábrica negouse a que entraran dentro do complexo industrial pero finalmente entraron. De seguido os sindicatos negáronse a traballar na fábrica mentres os bidóns seguiran ahi polo que a fábrica tivo que pechar temporalmente dado que os altos cargos da empresa non daban aguantado o sistema de producción (lóxicamente).
A fábrica estivo pechada 6 meses e os 14 membros do comité foron despedidos e o resto dos traballadores foron "regulados". Estes traballadores regulados volverían a ocupar os seus postos de traballo.


Durante os 6 meses nos que a fábrica estivo pechada a dirección de empresa aproveitou para cambiar partes do sistema de producción que daban demasiados erros, ademais o precio do aluminio no mercado de Londres (o que se encarga de rixir o precio dos metales) aumentou un 50% acabando coa crise que había dentro do sector alumineiro polos baixos precios.

Con estas afirmacios e ca información do vídeo podo propoñervos varias preguntas como ¿o peche da fábrica foi unha excusa para subsanar os grandes problemas que tiña unha instalación millonaria?¿foi tamén unha estratexia de mercado para mellorar a cotización do aluminio??




ESPERO OS VOSOS COMENTARIOS


Kevin Prieto