miércoles, 13 de abril de 2011

¿Porqué neste lugar?

Nesta entrada vou a explicar porqué Alcoa se emplazou nos concellos de Cervo e Xove e non en outros.

Antes de comezar a explicación cabe destacar que a factoría que actualmente pertence a Alcoa antiguamente pertencía ao estado (como xa mencionei na primeira entrada do blog) entón vai a ser este o que decida a súa ubicación.
A continuación nunha lista vou expoñer os factores que condicionaron o emplazamento da industria.
  1. O estado pretendía potenciar o noroeste peninsular (zona marcada en vermello) coa implantación de industrias para homoxeneizar a industria en todo o territorio.
  2. Precisaban que o lugar onde se iba instalar a fábrica fora un sitio de costa para poder desembarcar a bauxita (materia prima necesaria para obter o aluminio), fuel, sosa caústica e diferentes materiais necesarios para a producción.
  3. Nun principio optouse por instalala en Vilagarcía pero esta opción foi rexeitada pola negación da poboación a súa instalación, polo que as Rias Baixas deixaban de ser unha opción.
  4. As zonas cercanas a Euskadi e a Ferrol foron descartadas dende un principio porque eran as que aglutinaban a maioría da industria da cornisa cantábrica (en Ferrol estaba ubicada a antiga Bazán e Euskadi era o enclave industrial de España por excelencia).
  5. As zonas cercanas a A Coruña e a Avilés tamén foron descartadas debido a que o estado xa había instalado duas prantas productoras de Aluminio.
Que ofrecía a parroquía de Lago que non ofrecía outro lugar?...
  • Unha baía natural ideal para establecer un porto de carga e descarga.
  • Estaba nunha zoa onde a industria apenas existía.
  • Os terreos necesarios para a industría eran de gran tamaño e polo tanto había que negociar con "moi pouca xente".
  • A cercanía da central de As Pontes facía posible a obtención dunha gran cantidade electricidade (necesaria para o proceso electrolítico) o cal provocou entre outros motivos que se cancelara a instalación dunha planta nuclear na parroquía de Vilachá (a 5 Km da planta de Alcoa).

Nas seguintes entradas intentarei poder achegar algunha entrevista que facerei ás persoas que se viron afectadas directamente pola implantación da fábrica na súa parroquia ademais que empezarei a explicar a evolución da fábrica e do seu entorno.


martes, 5 de abril de 2011

Cal é o precio que pagamos?

Nesta breve entrada achego un artículo sobre a balsa de "lodos rojos" (que tan de moda se puxo co problema de Hungría) de Alcoa que se encontra na parroquía de Lago (Xove).

http://www.interviu.es/reportajes/articulos/xove-lugo-donde-todo-se-tine-de-rojo



¿Creedes que o cambio económico/social que sufreu a comarca dende a instalación da factoría é xustificación dabondo para ter estes perigos na zoa como a propia balsa ou a contaminación ambiental?
¿O fin xustifica ós medios?


Por último achego unha reportaxe da TVG sobre o problema que supuxo o afundimento do buque Casón na costa de Fisterra no que a factoría de Aluminio tamén se viu afectada.

http://www.crtvg.es/reproductor/inicio.asp?canal=tele&hora=05/04/2011 23:20:15&fecha=26/05/2009&arquivo=1&programa=A+CAIXA+NEGRA&id_programa=639&corte=&mp4=0&medio=


Kevin Prieto.

miércoles, 16 de marzo de 2011

AS ORIXES

Como xa é sabido neste blog vou a presentar varios temas relacionados ca fábrica alumineira situada na mariña lucense para que señan debatidos entre os alumnos de xeografía da USC ou por xente que non pertenezca ao mundo universitario.
Como é obvio o primeiro tema que vou a presentar vai tratar sobre as orixes do complexo industrial.


No ano 1972 presentouse un proxecto para instalar unha fábrica productura de aluminio en Vilagarcia de Arousa pero a presión popular provocou que o goberno da época decidira pospoñer o proxecto. Dous anos mais tarde (1974) presentase outro proxecto no cal se designan aos concellos de Cervo e de Xove como os que iban albergar o complexo industrial (dentro do plan de expansión industrial de Galicia).
Nese mismo ano comezarían as obras para construíla, o que supuxo a chegada de mais de 20.000 traballadores nunha poboación de non mais de 4.000, que non rematarían ata o ano 1980 (ano no que foi inaugurada oficialmente polos reis de España). Cabe destacar que a fábrica pertenceria ao grupo INESPAL ata o ano 1998.

Para a construcción do complexo tivéronse que comprar mais de 3.000 fincas e o seu custe total foi de mais de 110.000 millóns de pesetas (se fora instalada en Vilagarcia custaría 17.000 millóns de pesetas). Ademais tamén se tivo que construir un embalse e unha balsa de depósitos de "lodos rojos" (residuo de bauxita) ademais de dous diques para o uso do porto da fábrica.



En seguintes entradas expoñerei cada unha das suas consecuencias de modo individual para poder profundizar no impacto que tivo a fábrica nesta comarca tradicionalmente rural.