Ola de novo!
Nesta entrada vou intentar de explicar as experiencias vividas polas persoas que venderon fincas ó estado para a instalación do complexo industrial.
Para poder facer esta entrada mantiven varias entrevistas con persoas que se viron afectadas neste proceso de venta ou con familiares directos de ditas persoas.
A partir das diferentes entrevistas puiden observar como houbo un gran cambio entre as primeiras ventas e a últimas e vou intentar explicar como foi o proceso (condicións de venta, beneficios, acordos, etc).
O proceso de compra por parte do estado comezou nas leiras onde hoxe en día se situa a meirando parte co complexo industrial. A persoa á que entrevistei contoume a súa experiencia: el foi un dos primeiros en vender a súa leira, vendeuna por 1.000.000 das antigas pesetas "daquela 1.000.000 de pesetas era como ter 100 millós hoxendia"dixo textualmente, pero "o nivel de vida na zoa empezou a subir e o final os cartos acabáronse rápido".
Outra das persoas ás que entrevistei foi ó meu propio avó. Seu pai (xa falecido) vendeu un terreo ("cativo de todo") pero foi un dos últimos en vender e consigueu unha importante cantidade de cartos (non recordaba canto). Unha cousa que me chamou moito a atención foi que me contou que con eses cartos seu pai comprouse unha casa en San Cibrao (a 5 km de Lago) porque "tiña medo de morrer envenenado pola fábrica, pero tamén houbo moita mais xente que se foi".
A última persoa á que entrevistei foi por recomendación do meu propio avó. Esta persoa foi unha das últimas que vendeu (vendeu terreos para facer a presa de lodos rojos) e a súa venta foi a que mais me chamou a atención. Vendeu os terreos por diñeiro (obviamente) pero puxo a condición de que os seus fillos íban ter preferencia para entrar a traballar na fábrica ("traballan dous deles o outro estudiou"). Pregunteille se tivera un asesor que lle aconsexara para a venda (e para poñer a condición) e dixome que o seu cuñado traballaba nunha xestoría e foi el quen lle negociou a venda.
En conxunto puiden comprender como foi todo o preoso de venda. A medida de que o proceso de venta avanzou as condicións melloraron substancialmente pero o descoñecemento da sociedade provocou que moitas das propiedades se malvenderan.
Deixo o tema aberto para que quen queira expoña as suas opinións sobre o tema.
Un saúdo!!
Por certo a partir da seguinte entrada comezarei a explicar o proceso evolutivo da fábrica centrándome nos momentos problemáticos do complexo. Recomendo ver o video da segunda entrada deste blog e documentarse sobre o caso do buque CASÓN!!